Vistas de página en total

miércoles, 8 de julio de 2020

Año 7. Nº 371. -- años. Agricultor. Santa Comba. A Coruña.

Perde a vida un veciño de Santa Comba ao quedar atrapado debaixo do seu tractor

Falece un xalleiro ao quedar debaixo do tractor

  2020, día 190

Trabajadores muertos



"371"


Un veciño de Santa Comba perdeu a vida despois de envorcar o tractor que manexaba na localidade de Pombal, no municipio coruñés de Santa Comba.
Debido á posición na que se atopaba o vehículo, foi necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para rescatar o corpo do home, que quedou atrapado debaixo da estrutura do tractor.
O 112 Galicia tivo constancia do incidente ás 21:00 horas da pasada noite tras recibir a chamada de alerta dos axentes da Policía Local. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, un varón sufrira un accidente co seu tractor e caera por un terraplén na parroquia de Ser, nunha área de monte próxima á estrada.
Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba e do GES de Brión.
Unha vez no lugar do accidente, os equipos de emerxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar á vítima. Desafortunadamente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Cómpre sinalar que para prestar apoio aos efectivos de intervención e aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 avisouse tamén aos axentes da Garda Civil e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

No hay comentarios:

Publicar un comentario